Os remeiros do Puebla botáronse ao mar no campionato galego celebrado en Bouzas

16 Setembro 2019
Cedida por Club Remo Puebla

20190916. O Club Remo Puebla desprazouse o sábado á praia do Adro, en Bouzas (Vigo), co obxectivo de participar no II Campionato Galego de Remo de Mar-II Trofeo Internacional Cidade de Vigo-Illas Cíes con remeiros infantís e cadetes.

Desde o club sinalan que foi “unha experiencia moi importante para seguir dando pasos no mundo do remo do banco móbil.”

Cedida por Club Remo Puebla

Unay Vázquez converteuse en campión galego ao quedar primeiro en 1x infantil masculino. Ademais, outros dos resultados obtidos foi o segundo posto de Miguel Tubío e Pablo Paz en 2x infantil masculino, o bronce de Manuel Bermo e Antonio Pérez en 2x cadete masculino, a quinta posición de Víctor Fernández en 1x alevín masculino e Brais Olveira en sexto lugar en 1x cadete masculino.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.