Os maiores ribeirenses desfrutarán a partir de outubro de seis obradoiros gratuítos

05 Setembro 2019

20190905. Ribeira desenvolverá unha nova convocatoria do Programa de Dinamización Social e Cultural dos Nosos Maiores, a cal incluirá novidades respecto a anos anteriores englobando os Departamentos de Servizos Sociais, Deportes, Educación e Atención Cidadá. Unha iniciativa que, segundo previsións, reunirá a máis de 600 veciños e veciñas do municipio entre tódolos obradoiros que a integran. Así o deron a coñecer esta mañá a concelleira de Servizos Sociais, Ana Ruiz, e a edil de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro.

Deste xeito, a diferenza de edicións pasadas nas que as distintas inscricións tiñan lugar no departamento de Servizos Sociais, na Oficina de Deportes da Fieiteira ou no Centro Cultural Lustres Rivas, dependendo da natureza do obradoiro, desta vez tódalas inscricións se realizarán ou ben na Oficina de Atención Cidadá (OAC) situada no Concello, onde haberá un traballador especificamente encargado de xestionar este labor, ou ben mediante unha ligazón directa na páxina web www.riveira.gal. En ambos casos o prazo de inscrición abrirá mañá. A este respecto, a concelleira Ana Barreiro indicou que “creemos que a Administración debe facilitar tódolos medios e poñer tódolos servizos a disposición do cidadán e, en aras a facer unha Administración máis accesible e cercana, facilitar xestións e utilizar as novas tecnoloxías.”

A edil Ana Ruiz detallou as características de cada unha das accións formativas. Desta maneira, haberá talleres de memoria cunha duración de hora e media en tódalas parroquias impartidos polas psicólogas Ángeles Pazos e Nieves Sobrido; obradoiros de reforzo educativo ofrecidos por voluntariado social en Aguiño, Palmeira e Ribeira –con posibilidade de ampliar a outros sitios dependendo da demanda- destacando “ás voluntarias Maruja Gago e Macarena Figueroa polo seu labor”; curso de lingua e cultura galegas na aula de usos múltiples do Centro Cultural Lustres Rivas a cargo de Alicia Padín, responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística; e ximnasia de mantemento en tódalas parroquias.

Ademais, amplíase a duración do obradoiro de artes plásticas que ofrece o profesor e artista Fernando Yáñez no Espazo Xuvenil do Mercado Municipal; e introdúcense por primeira vez clases de informática para maiores na Aula CeMIT.

Ambas responsables da área de Servizos Sociais e Innovación Tecnolóxica animaron aos maiores do municipio a participar nestas propostas que se desenvolverán de outubro a maio con carácter gratuíto.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.