Os corredores teñen unha nova cita deportiva na Pobra coa LX Milla Urbana Nocturna

10 Setembro 2019

20190910. A Pobra do Caramiñal dará cabida o venres 13 á LX Milla Urbana Nocturna, cuxa saída e meta se establecerán fronte aos xardín Valle-Inclán. As carreiras comezarán ás 21.50 horas coa modalidade Chupete, finalizando coa Sénior ás 23.00 horas.

As categorías participantes serán a Chupete masc./fem., Sub-8 masc./fem., Sub-10 masc./fem., Sub-12 masc./fem., Sub-14 masc./fem., Sub-16 masc./fem., Júnior masc./fem., Sénior masc./fem., Máster 1 masc./fem., Máster 2 masc./fem., Máster 3 masc., Máster 4 masc., Máster 5 masc. e Máster.

Ao remate haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada modalidade, así como medallas para os participantes en Chupete e Sub-8. Así mesmo, outorgaranse premios económicos aos tres mellores tempos de homes e mulleres das distintas categorías e carreiras. Deste xeito, ao primeiro corresponderanlle 150 euros, ao segundo 100 e 50 ao terceiro.

Os interesados poden solicitar máis información e formalizar a súa inscrición no Departamento de Deportes da Pobra do Caramiñal situado na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, ou a través do teléfono 981832590 e do fax 981831545. Tamén se pode anotar no propio lugar da actividade ata media antes do inicio.

Este evento deportivo está organizado pola Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal e Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza.          

Outros artigos

A Pobra suma dúas novas citas coa cultura no Cantón da Leña

A programación cultural da Pobra do Caramiñal continúa a próxima semana con dúas propostas no Cantón da Leña. Sue Moreno, con 5.0, e Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizarán as funcións previstas para o martes 11 e o xoves 13 de agosto, ambas ás 20.30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.