O Servizo de Normalización Lingüística ribeirense oferta un curso para a obtención do CELGA

24 Setembro 2019

20190924. Con motivo da convocatoria dos exames CELGA da Xunta de Galicia para os niveis 2 e 4, o Servizo de Normalización Lingüística de Ribeira oferta un ano máis un curso gratuíto de galego preparatorio para a obtención da citada titulación.

A tal efecto, ábrese un prazo de inscrición para este curso preparatorio ata o 27 de setembro. Os interesados poden informarse e anotarse a través do Servizo de Normalización Lingüística, situado no Centro Cultural Lustres Rivas da rúa Manuel Lustres Rivas 20 2º; do teléfono 981835650, en horario de 08.00 a 15.00 horas; ou do enderezo electrónico normalizacion@riveira.com.

Ademais, este venres, 27 de setembro, ás 20.00 horas, terá lugar no Lustres Rivas unha presentación co obxectivo de definir o calendario e horario das clases en función da demanda.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.