O municipio pobrense contará proximamente con luminarias LED

06 Setembro 2019

20190906. O Concello da Pobra do Caramiñal e a firma imesAPI asinaron o contrato de adxudicación do proxecto de renovación do alumeado público por substitución de unidades LED de aforro enerxético. A empresa adxudicataria resultou elixida despois de que desbotaran outras porque non cumprían co prego. O prezo de partida estableceuse en 892.675’99 euros, mentres que o contrato final foi de 643.820’16 euros.

O municipio conta con 3.175 puntos de luz públicos e renovaranse 2.651, dispoñendo os restantes de luces LED na actualidade. Así mesmo, dos 62 cadros de mando que hai no concello, renovaranse por completo 27, mentres outros 29 serán obxecto de melloras. Segundo manifestou o alcalde Xosé Lois Piñeiro, “ten que ver con mellorar no funcionamento, tendo menos apagóns, e na seguridade das persoas.”

Deste xeito, o rexedor expresou que “vai significar unha mellora no servizo porque o cálculo lumínico está adaptado á nova lei e se volve a calcular en todas as rúas e pistas forestais onde hai alumeado público.” Engadiu que se mellorará no mantemento porque vai ter garantía, contando con “sempre en stock as luminarias necesarias para cada vez que hai unha avería poder repoñela durante 12 anos.” Así, a empresa terá que subministrar sempre luces para restituír cando sexa preciso. Da mesma maneira, mellorarase a sinalización e iluminación dos pasos de peóns. Ademais, as luminarias constarán da instalación necesaria para que nun futuro “se queremos poidan ser telexestionadas” cun dispositivo que, no caso de ser contratado, a propia lámpada enviase información cando non estivese funcionando adecuadamente, polo que “permitiría solucionar moito máis rápido calquera tipo de avería.”

O rexedor expresou que o aforro anual será de 120.000 euros, ademais de emitir un 66’50% menos de CO2.

Cómpre lembrar que esta actuación forma parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) na medida 6 de “renovación das instalacións do alumeado e iluminación e sinalización exterior.” Tamén se conta cunha subvención de 753.000 euros –que inclúe a intervención, así como o proxecto e a dirección de obra- do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, e aportando o Concello 188.300 euros.

Outros artigos

O Pazo da Mercé, na Listaxe Vermella do Patrimonio de Hispania Nostra

A Lista Vermella do Patrimonio que mantén actualizada online a asociación Hispania Nostra denunciando o estado de abandono dos tesouros da xeografía española, vén de engadir un novo inmóbel do Barbanza aos seus rexistros, que sumar á Casa da Cadea (A Pobra) e a...

+

A Pobra volveu tinguirse de cor morada co Nazareno

Devoción. Ese é o sentimento que se palpaba na Pobra do Caramiñal nun dos seus grandes días con motivo da procesión votiva das mortallas. O terceiro domingo do mes de setembro volveu tinguirse de cor morada e ulir á cera das candeas prendidas.O repique das campás...

+

Detido por suposta venda de drogas na Pobra do Caramiñal

A Garda Civil detivo ao suposto responsable dun punto de venda de drogas na Pobra do Caramiñal. Tras varias denuncias que situaban a venda de estupefacientes vinculada ao posteriormente detido, comezou unha investigación que terminou con dous axentes sorprendendo ao...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión