O lume xa afectou a máis de 80 hectáreas dos montes de Barbanza

05 Setembro 2019
Lume nos montes de Porto do Son, nunha imaxe dos informativos da CRTVG

20190905 Ao remate da xornada diaria dos traballos contra o lume (que, vía aérea, interrómpese de noite), a Consellería de Medio Rural emitiu un informe actualizado sobre o lume de Porto do Son. Segundo fixo saber, o incendio fica activo e non puido ser extinguido nin controlado, malia o incansábel labor dos moitos efectivos operativos: 9 axentes, 18 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 4 helicópteros e 5 avións. Tamén participaron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), con máis de medio cento de militares, dous avións anfibios de gran capacidade da base de Santiago e outros dous procedentes de Salamanca, entre outros efectivos humanos e técnicos. Ao remate da xornada diaria xa tiña afectado a unhas 84 hectáreas.

O lume do Son, activo dende as 06,15 horas desta mañá e co orixe e epicentro na parroquia de Miñortos, estendéndose logo cara o núcleo de Portosín.

Segundo as últimas informacións, o lume, malia non estar controlado, si que estaba a piques de estar estabilizado na recta final da tarde. O lume, que tivo a súa correspondencia (moito máis leve) na outra beira da serra Barbanza, co incendio de Cures (Boiro), fixo que se crearan situacións de alto risco para determinados núcleos de poboación, como por exemplo A Silva ou Trapa. O principal inimigo dos labores de extinción está sendo o extremadamente forte vento do nordés, que aviva o lume e incrementa a súa perigosidade. As previsións apuntan a unha certa diminución dos refachos para este venres 6 de setembro.

Outros artigos

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...

+

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ofrenda” – Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...