O goberno de A Pobra queda novamente sen segunda dedicación e persoal de secretaría

13 Setembro 2019

20190913. A corporación municipal da Pobra do Caramiñal celebrou onte un pleno extraordinario ao que se levaron cinco puntos a tratar, tres dos cales saíron adiante. O primeiro, relativo ao Plan de Obras e Servizos (POS), foi aprobado por unanimidade. O segundo asunto a abordar foi a modificación na Relación de Postos de Traballo (RTP), trasladando ao tesoureiro do grupo C1 ao A1. Esta medida saíu adiante cos votos a favor de tódolos grupos, exceptuando ao PP. Tamén se aprobou por unanimidade a cuestión sobre a modificación en torno ao Plan Madruga, para que as crianzas poidan entrar antes ao servizo facilitando a conciliación.

Por outra banda, ao igual que sucedera no pleno de organización, lavouse novamente a contratación de persoal eventual para a secretaría da Alcaldía cunha retribución de 26.007 euros brutos anuais, así como a dedicación exclusiva da edil Estefanía Ramos, encargada da Concellería de Servizos Municipais, pois desde o goberno local consideran que “hai que estar a pé de obra, diariamente, en contacto con tódalas brigadas, que non son poucas, e que esixe moitísimo tempo.” Os votos en contra do BNG e PP impediron que saísen adiante ambos puntos, feito que marcou a sesión. A voceira de Nós Pobra, Charo Varela, acusounos de “facer oposición para que os servizos funcionen peor e logo vir aquí para contar o mal que o facemos.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.