O Feirón da Guadalupe levaranos da man ao Rianxo de 1919

13 Setembro 2019

2010913 As Festas da Guadalupe de Rianxo son un libro con moitos capítulos conectados entre si. Se este libro tivese marcadores, sen dúbida o Feirón Mariñeiro, que chega o xoves 19 de setembro á súa edición dezaseis, sería un dos capítulos coas páxinas máis lidas. Por que motivo? Pois basicamente porque se trata dunha actividades máis queridas pola veciñanza, e tamén polos visitantes, que recuncan unha e outra vez o 19 de setembro para mergullarse de cheo, de pés a cabeza, na cerna da cultura de Rianxo. E para que o mergullo sexa o máis completo posíbel, o Feirón vén con formato de viaxe no tempo: unha viaxe a hai exactamente un século.

Haberá artesanía, oficios tradicionais, obradoiros, gastronomía e animación de rúa, comezando coa cita musical da Orquestra Cé Pantasma (ás 13 horas) e rematando coa Noite Folk e as agrupacións Lumieira, Os Melidaos e Tiruleque. O programa enteiro de actividades desenvolverase no casco vello de Rianxo, en diferentes recantos e escenarios informais situados a moi pouca distancia entre si (coa praciña como centro aproximado de operacións)

En palabras da entidade organizadora dos festexos da Guadalupe, a Asociación Sociocultural A Moreniña, a volta ao pasado do Feirón (unha volta a 1919) é un xeito de rastrexar a identidade da vila mariñeira e dar vida, novamente, ás persoas e situacións que ficaron para sempre reflectidas nas primeiras fotos tomadas daquela época. “O Mariñeiro é unha feira de artesanía, con mostra de produtos e oficios que queremos manter sen caeren no esquecemento, pero tamén con música, gastronomía, arte”, sinalan dende a organización, poñendo o foco na vertente claramente participativa e integradora desta particular viaxe no tempo que se executa, sen escusa posíbel, cada xoves das Festas da Guadalupe.

Outros artigos

En Rianxo abren as inscricións do Campamento de Teatro Verán 2026

O Concello de Rianxo informou de que están abertas as inscricións para o Campamento de Teatro Verán 2026, que inclúe unha manchea de actividades formativas e de lecer para permitir ás mozas e mozos "desfrutar dun verán diferente" ao tempo que desenvolven e sacan á luz...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...