O equipo pobrense consolídase no segundo punto trala vitoria ao Sarriana

23 Setembro 2019

20190923 O campo de Cadreche (A Pobra do Caramiñal) prometía ser este domingo 22 de setembro unha exhibición do mellor fútbol galego (en palabras do club pobrense, “un auténtico partidazo entre dous equipos que se atopan empatados a puntos na segunda posición de Rexional Preferente, o Puebla F. C. e a Sociedade Deportiva Sarriana”), e finalmente resultou selo.

Foi un encontro moi disputado (o equipo local, de feito, recibiu o primeiro gol da tempada) e no que se puxo de manifesto a paridade de forzas que está a levar aos dous clubs a compartir posto na clasificación (até agora), cousa que logo da vitoria do equipo local (2-1) resolveuse a favor deste, que ostenta 13 puntos, a só dous puntos do primeiro clasificado, o Viveiro.

No partido tivo un papel decisivo o xogador Aless, que foi quen conseguiu a vitoria local co seu gol xa case fóra do tempo (practicamente no minuto 90). Tamén tivo un papel fundamental Madiop, que adiantou ao equipo pobrense no minuto 12 cun tanto de penalti (unha falta na área a Adrián Pereira, cando este intentaba disparar a portería).

Equipo local: Juan, Carlos Lugo, Pablo, Manu Soto (Manuel, min 87), Adrián Pereira (Borja, 89), Falcón, Xabi, Madiop (Aless, 76), Picos, Nacho e Aguado.

Visitante: Álex, Daniel, Fernando, Omar, Héctor, Mauro, Javier (Álvaro Álvarez, min 69), Hugo, Alberto e Alexandre.

Goles: 1-0, Madiop no minuto 12; 1-1, no minuto 25, a cargo de Mauro; 2-1, Aless no minuto 89

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.