O BNG pobrense solicita a derrogación da LOMCE

23 Setembro 2019
IES Pobra do Caramiñal

20190923. O BNG da Pobra do Caramiñal levará a pleno unha moción relativa á derrogación da LOMCE e á adopción de medidas que garantan a igualdade de oportunidades.

A formación política cualifica a LOMCE dunha “lei fondamente centralizadora, clasista e sexista, favorece a mercantilización da educación e afonda nun modelo moito máis autoritario e antidemocrático. Ademais, a LOMCE representa un ataque frontal ás competencias das comunidades autónomas e supón unha involución inadmisíbel ao negar a realidade plurilingüe, pluricultural e plurinacional do Estado español e vetar o dereito de ofrecer o seu propio modelo lingüístico.”

Os nacionalistas engaden que a estes datos súmanse ” os nefastos efectos da LOMCE en termos de desgaleguización, de deterioro dos dereitos de profesorado e alumnado, a tendencia cara un ensino elitista e clasista que perde o seu carácter laico e a perda de peso do galego na educación pública, tamén da man do ‘decreto do plurilingüismo’ aprobado polo PP que impide usar o idioma propio no ensino de materias como matemáticas, física ou química.”

Deste xeito, consideran que a política educativa exercida polos gobernos central e autonómico “promove o desvío de fondos que deberían ser destinados á mellora da educación pública a colexios privados concertados, moitos deles confesionais e que segregan ao alumnado por ‘sexos’.”

Tamén fan referencia ás noticias sobre o resultado destas políticas, exemplificándoo con “colexios que prohiben o uso de pantalón no uniforme das nenas, sentenzas que avalan a presenza da materia de Relixión católica no currículo do bacharelato”, entre outros.

Así mesmo, apuntan que as políticas de Feijóo implicaron “unha asfixia do ensino público”, polo que desde o partido entenden como “imprescindíbel” a adopción dunha serie de medidas para que a educación pública volva “ofrecer un ensino de calidade que garanta a igualdade de oportunidades para todo o alumnado, laico e en galego.”

Por todo isto, o grupo municipal pobrense do BNG propón á corporación a adopción dunha serie de acordos nos que figura esixir que a Xunta da Galicia solicite ao goberno do Estado a derrogación da LOMCE e a supresión da Relixión do currículo escolar;  instar a defender “as nosas competencias en materia de ensino para fortalecer un ensino público, galego e de calidade que potencie a diversidade lingüística e fomente a lingua propia do noso país”; solicitar recuperar a gratuidade universal dos libros de texto; e requirir a modificación da ratio de alumnado por aula en tódolos niveis, “de maneira que non supere a cifra de 15 escolares na etapa infantil, 20 na etapa de ensino obrigatorio e 25 nos cursos de bacharelato, incluíndo ao alumnado que repita curso.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...