O BNG de Boiro lamenta que non prosperase a mellora das áreas de autocaravanas

12 Setembro 2019

20190912 O BNG de Boiro vén de emitir unha serie de valoracións sobre o desenvolvemento do pleno celebrado este 11 de setembro, do que dimos conta hoxe en O Barbanza informando dos seus detalles e poñendo de manifesto a proposta do grupo nacionalista para arranxar, mellorar e impulsar o mantemento das dúas áreas de estacionamento de autocaravanas coas que contan as praias do concello. Finalmente, a proposta non foi aprobada.

O BNG lamenta que non prosperase a iniciativa porque, de levarse a cabo os traballos de acondicionamento, Boiro fortalecería a súa capacidade para facerse cun tipo de turismo “cada vez máis emerxente e menos estacional”, cousa que se podería conseguir “cunhas mínimas intervencións e cun axeitado mantemento”.

O grupo nacionalista local requiría a aplicación das seguintes medidas: nivelación das parcelas (para que funcionen correctamente as neveiras e os colectores de desaugadoiros), dotación de puntos de electricidade para as prazas, colocación de pilóns para químicos, recolocación de zona de baleirados, ensanchado na entrada e na saída da área de praia Xardín, promoción turística axeitada por parte de Arousa Norte e do Concello e acceso directo a unha información detallada dos espazos para autocaravanas.

A segunda moción do BNG fixo referencia ás medidas a adoptar fronte á emerxencia climática, alentando a participación do Concello na mobilización do 27 de setembro. Esta iniciativa foi aprobada por unanimidade, “cousa que nos satisfai gratamente”, explicaron fontes do partido, engadindo que se trata da primeira pedra para dar forma ao programa local de accións en defensa do medio ambiente.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.