Manolo Gago será o comisario da primeira gran mostra do Xacobeo 21

11 Setembro 2019

20190911 Unha das grandes exposicións galegas que van de servir de avance e antesala do Xacobeo 21 é sen lugar a dúbidas Galicia, un relato no mundo, que poderemos ver a partir do 8 de novembro no Museo Centro Gaiás (Cidade da Cultura). A mostra, o primeiro gran acontecemento expositivo do ano santo, proponse como un achegamento pormenorizado á relación entre a Galicia que coñecemos, a “oficial”, e todas as demais “Galicias” que configuran o resto do mundo. Un planeta que tamén se concentra aquí, nas nosas catro provincias e nosos nosos concellos, deixando a súa pegada. O punto onde máis fala por si soa esta interacción é onde pon o foco esta mostra comisariada polo barbanzán Manolo Gago (Palmeira, Ribeira, 1976), profesor de Xornalismo na USC amais de comunicador, historiador, novelista e blogueiro.

A exposición será, tamén, un centro de gravidade: un punto de atracción de todo tipo de pezas de alto valor simbólico para “a historia e a cultura do noso país” que chegarán por vez primeira a Galicia e que se atopan, arestora, repartidas por diversos recantos do mundo. Segundo informan dende a Fundación Cidade da Cultura, co-organizadora da mostra, esta brindaranos a oportunidade única de contemplar nun mesmo acubillo obras chegadas de institucións como a Cambridge University-Parker Library, a Biblioteca Apostólica Vaticana, a Biblioteca de Arezzo en Italia ou o Museu Nacional de Arqueologia de Portugal. Entre as pezas concretas que nos visitarán atópanse obras como o Libro das Invasións (onde se atopa a primeira mención que se coñece do noso personaxe lendario Breogán, quen foi quen tivo o privilexio de albiscar Irlanda dende o faro de Brigantia) ou o cancioneiro da Vaticana, piar fundamental da poesía galaico-portuguesa.

A mostra tamén ofrecerá ao público galego a posibilidade de contemplar obras como os Liber Sancti Iacobi da Biblioteca Vaticana e da Universidade de Salamanca (dous dos tres únicos calistinos iluminados ademais do orixinal de Santiago que se conservan no mundo) ou, tamén, o Mapa de Sawley, acubillado na Cambridge University-Parker Library, un importante documento que revela o coñecemento do reino de Galicia en Europa no século XII, no transcurso da Era Compostelá (datado cara a 1190, contemporáneo do Pórtico da Gloria, o mapa sitúa a catedral de Santiago coma o edificio máis importante de Europa, ilustrándoa nun tamaño incluso maior que a Basílica de San Pedro de Roma).

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...