Máis de 1,9 millóns en axudas para mellorar as forestas de Barbanza

12 Setembro 2019

20190912 O Goberno galego vai destinar máis de 1,9 millóns de euros en axudas para a limpeza e mellora das superficies forestais da comarca do Barbanza. Así o fixo saber hoxe o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, no transcurso dunha xuntanza coa alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, reunión que se complementou coa visita a varias áreas do concello onde a Consellería de Medio Rural ten proxectado facer accións silvícolas de roce para a prevención de lumes.

Amais de Muros, que recibirá máis de 268.291 euros para levar a cabo 20 actuacións, tamén haberá apoios para actuacións (mellora de pistas, rozas e acondicionamentos de devasas, etc) nos concellos de Porto do Son, Boiro, Rianxo, Lousame, Noia, Serra de Outes, Carnota, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Mazaricos.

Ovidio Rodeiro aproveitou a visita para facer balance das achegas que a Consellería do Medio Rural destina á comarca do Barbanza, que recibirá como dixemos máis de 1,9M€, contía que tamén se destinará a mellorar a capacidade de rexeneración dos bosques (fomentando a prevención de incendios) e a incrementar a capacidade de adaptación e valor ambiental dos montes: unha ducia de actuacións en Rianxo, Lousame, Porto do Son, Ribeira e Muros grazas a un investimento de máis de 172.000 euros.

Medio Rural tamén financiará a creación de superficies forestais para a plantación de árbores coníferas e frondosas Nos concellos de Lousame e Rianxo terán achegas por máis de 18.000 euros para levar a cabo dúas plantacións deste tipo.

Polo que respecta ás actividades das comunidades de montes e sociedades de fomento forestal (SOFOR), recibirán subvencións as entidades de Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, A Pobra, Porto do Son, Rianxo e Ribeira. En total, estanse levando a cabo 27 actuacións, cun orzamento de máis de 189.000 euros, que teñen como obxectivo previr os danos causados aos bosques por incendios ou desastres naturais.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.