Lolo Penas e Paula Mayobre gañan a Absoluta da XXII Carreira Popular de Santa Uxía

30 Setembro 2019

20190930. Manuel Ángel Penas Blanco (Lolo Penas) e Paula Mayobre González proclamáronse campións absolutos da XXII Carreira Popular de Santa Uxía, a máis veterana das probas desta índole na contorna, a cal forma parte do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación e do IV Circuíto de Carreiras Arousa Norte.

Lolo Penas, do Club Atletismo O Pino, detivo o cronómetro en 30’49’’. Detrás del quedaron Alejandro Fernández Rivera, independente (30’52’’) e José Manuel Vieito Vilacoba, do Atletismo Sar-Vermú Petroni (30’54’’).

En canto á clasificación Absoluta feminina, Paula Mayobre, de Clínica Dental Seoane Pampín, fixo un tempo de 36’05’’, compartindo podio con Sandra Mosquera Losada, de Adas Proinor, (37’38’’) e Tina Fernández Barreiros, de Sar-Vermú Petroni (38’35’’).

En total, foron 264 os participantes que completaron o percorrido de 10 quilómetros para unha carreira popular que, entre tódalas categorías, sumou un total de 801 inscritos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.