Hoxe remata o prazo de compra do bono para a Mostra de Teatro de Ribeira

20 Setembro 2019

20190920. Ribeira albergará unha nova edición da Mostra de Teatro do 27 de setembro ao 5 de decembro. A venta de entradas e bonos está dispoñible desde a última semana de xullo na Casa do Concello, en horario de 09.30 a 13.30 horas de luns a venres. Agora só quedan 9 butacas dispoñibles do total do aforo do Auditorio municipal e hoxe é o último día para mercar o bono que abrangue as 11 sesións cun custe total de 25 euros, polo que cada unha sae a 2’27 euros.

Por outra banda, a partir do luns 23 poderase comprar a un prezo de 4 euros a entrada para a función Normas para saber vivir na sociedade actual, de Sarabela Teatro, programada para o venres 27, ás 21.30 horas.

Esta convocatoria trátase da mostra máis longa da última década en Ribeira, pois un total de 11 compañías profesionais laureadas co Premio de Teatro María Casares serán as encargadas de achegar esta rama das artes escénicas a través das súas diversas obras.

Sarabela Teatro levará Normas para saber vivir na sociedade actual o venres, 27 de setembro; Redrum Producións con Idiota o venres, 4 de outubro; Malasombra con Bernarda o venres, 11 de outubro; Ibuprofeno Teatro con Casa o’ rei o venres, 18 de outubro; Dinamo Producións con Eu queríame casare o venres, 25 de outubro; Redrum Producións con Invisibles o venres, 1 de novembro; Producións Teatrais Talía con Vida de cans o venres, 8 de novembro; Contraproducións con A compañeira de piso o venres, 15 de novembro; Produción Excéntricas con Carpe diem o venres, 22 de novembro; A Panadería con Elisa e Marcela o venres, 29 de novembro; e De Ste Xeito con Running o xoves, 5 de decembro. Da mesma maneira, tentarase que o colofón corra a cargo do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.