Homenaxe no antigo campo de concentración de Rianxo ás mulleres que loitaron pola liberdade

26 Setembro 2019
O antigo campo de concentración rianxeiro, preto do lugar de O Castelo

20190926 O Concello de Rianxo, Nova Escola Galega, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, o IES Félix Muriel de Rianxo e máis o colectivo Barbantia organizan este vindeiro 4 de outubro unha nova actividade de reivindicación e recuperación das nosas veciñas e veciños que loitaron a prol da liberdade tralo golpe militar do 36, todas e todos silenciadas/os pola crónica oficial dos feitos e da historia.

A décima edición do Seminario pola Memoria porá o foco nas silenciadas: as mulleres solidarias cos prisioneiros do campo de concentración de Rianxo e, por extensión, todas as mulleres represaliadas e solidarias. A concentración celebrarase o 4 de outubro ás 20.15 horas, onde tivo as súas dependencias o devandito campo de concentración. Este, para que non saiba, chegou a acubillar máis de tres mil prisioneiros durante un período de dous anos. Segundo relata Cilia Torna en Sermos Galiza, o cárcere comezou a funcionar en novembro de 1937, nas instalacións dunha antiga fábrica de salgadura construída arredor de 1870, propiedade da familia Goday e situada no lugar de O Castelo. O edificio foi derrubado en 2002 para construír unha urbanización.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.