FRINSA compra a terceira maior conserveira portuguesa

17 Setembro 2019

20190917.- A conserveira de Ribeira adquiriu o 50% da empresa lusa A Poveira, unha firma con 80 anos de historia asentada no norte de Portugal, en concreto en Póvoa de Varzim. A operación péchase case catro anos despois de que a compañía fundada polo Banco da Coruña, Iglesias Corral e Otero Goyanes e administrada desde case os seus inicios por Ramiro Carregal, iniciase un plan de expansión para reforzar a súa presenza internacional coa creación dunha rede de filiais no exterior.

A Poveira é a terceira maior conserveira portuguesa e facturou 24,2 millóns en 2018 e algo máis de 20 millóns en 2017. A adquisición permite a FRINSA, incrementar peso no mercado luso, onde algunhas das maiores conserveiras asentadas no territorio, como a italiana Generale de Conserve (con centro en Vila do Conde) ou a tailandesa Thai Union (con planta en Leiria), destinan a práctica totalidade da súa produción á exportación fóra da Península Ibérica.

A conserveira de Póvoa de Varzim estaba en mans de catro socios: o presidente, Rui Ferreira (26,8%), António Cunha (26,8%), Gonçalo Moreira, fillo do alcalde do Porto (26,8%); e Sérgio Real (19,6%). Os dous últimos venderon a totalidade da súa participación polo que deixan a administración da empresa, avanzou o medio luso Expresso.

O importe da operación non transcendeu, aínda que fontes do mercado indican que a venda se pechou por unha contía entre 9 e 10 veces o ebitda da empresa lusa, un prezo superior á media do sector aínda que por baixo dalgunhas vendas recentes, como a da conserveira Albo á pesqueira chinesa Shangai Kaichuang. A Poveira pechou o seu último exercicio cun ebitda de 1,36 millóns e unha marxe bruta de 6,1 millóns.

Central de Frinsa no Polígono de Xarás en Ribeira

s

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.