Detidos dous ribeirenses como presuntos autores de dous delitos

03 Setembro 2019
Cedida pola Garda Civil

20190903. A Garda Civil do Posto de Santa Comba detivo a dous individuos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro de infracción de fluído electrónico.

Os feitos sucederon a raíz das investigacións realizadas por efectivos da mencionada unidade, ante o tránsito de vehículos de diferentes marcas e modelos en dúas vivendas da súa demarcación.

A Garda Civil realizou durante os últimos seis meses vixilancias esporádicas dos dous inmobles en diferentes franxas horarias, constatando que en cada un moraba un dos detidos, relacionándose diariamente entre si e que as vivendas presentaban unha conexión ilegal ao tendido eléctrico.

A Benemérita contactou coas empresas subministradoras de enerxía eléctrica, corroborando estas que as vivendas tiñan unha conexión irregular coa conseguinte defraudación no consumo eléctrico, sendo este moi elevado ao tratarse de domicilios e non de locais de uso industrial.

A Garda Civil solicitou autorización xudicial para o rexistro de ambos inmobles, dado que tódolos indicios sinalaban á posible comisión dun ilícito no seu interior.

Durante o rexistro, a forza actuante localizou 325 plantas de marihuana cun peso de 7’750 quilogramos na primeira das vivendas e 188 na segunda cun peso de 5’550 quilos, constatando que o interior de ambos inmobles estaba acondicionado para a optimización do crecemento das plantas, contando para iso con sistemas de rego automático e manual, dispositivos eléctricos, bombas de aire, ventiladores, equipos de iluminación especiais, paredes illadas, así como todo tipo de nutrientes, pesticidas e funxicidas.

A Benemérita procedeu á detención dos dous individuos como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e outro delito de defraudación de fluído eléctricos e a incautación das plantas e dos dispositivos atopados.

Os detidos, xunto cos efectos incautados, foron postos a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Negreira.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.