Corrubedo honra a Santa Tecla cunha variada programación

20 Setembro 2019

20190920. A parroquia ribeirense de Corrubedo celebra Santa Tecla do 21 ao 23 de setembro. O sábado 21, na honra de Santa Visperiña, arrancará, ás 12.00 horas, con 12 bombas de palenque e a noite, a partir das 22.00 horas, será amenizada por Alborada, Planet Discomovil e DJ Kiber.

A xornada do domingo 22 iniciará, ás 10.00 horas, coas 12 bombas de palenque para, media hora máis tarde, dar paso ao pasarrúas a cargo de Xiada. A Misa solemne na honra de San Roque co Coro Parroquial de Corrubedo oficiarase ás 12.00 horas. A franxa do xantar contará co trío Chocolate con Churros, ás 14.00 horas. Francisco Sánchez Fraga será o encargado do pregón, ás 21.30 horas, e despois procederase a bailar ao son da orquestra Essencia.

O último dos días de festas, o luns 23 terán lugar Misas na honra de Santa Tecla ás 09.00, 10.00, 11.00, 12.00, 18.00 e 20.00 horas, oficiándose a Misa Solemne co Coro Parroquial de Corrubedo, ás 18.00 horas, e a posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Pola tarde, ás 19.30 horas, desenvolverase a actuación do grupo As Sivalveiras. Miguel Torres e Grupo Lume porán o broche de ouro coa súa actuación a partir das 21.30 horas.

Así mesmo, o sábado 21 e domingo 22 terá lugar a exposición de pintura con artistas locais na casa do mar organizada pola asociación Corrubedo XI Séculos.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.