Coñecer a ría de Arousa da man do Xacobeo

09 Setembro 2019

20190909. A Pobra do Caramiñal desenvolveu durante os meses de verán numerosas rutas en veleiro pola ría de Arousa. Finalmente, esta actividade volve durante os sábados e domingos dos meses de setembro -exceptuando o domingo 15- e outubro, así como os días 1 e 2 de novembro. Desta vez, trátase dun percorrido xacobeo con saída ás 11.00 horas do porto deportivo e regreso ao redor das 18.00 horas. O prezo para os adultos establécese en 12 euros, mentres que os cativos ata 12 anos pagan 8 euros.

Este evento enmárcase dentro do programa ‘O teu Xacobeo’, unha programación social e cultural que se desenvolverá en toda a xeografía galega durante o 2019 e 2020, anticipando o Xacobeo 2021.

Dita actividade inclúe a viaxe en veleiro, visita guiada e xantar no restaurante A Batea, situado no porto deportivo de Vilagarcía de Arousa. Os interesados poden reservar e resolver dúbidas a través dos teléfonos de contacto 687482835 e 671090262.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...