Comezan as obras no ximnasio da Piscina Municipal de Boiro

18 Setembro 2019

20190918. O Concello de Boiro iniciou esta mañá as actuacións de ampliación e mellora do ximnasio da Piscina Municipal, unha intervención que consideran “moi necesaria e demandada polo número exponencial de usuarios que ten a instalación.” O proxecto contempla duplicar o tamaño do existente, chegando case aos 200 metros cadrados, e facelo con criterios de sustentabilidade ambiental e redución de consumos enerxéticos.

A nova cimentación efectuarase cun sistema realizado a base de plásticos reciclados e as novas paredes contarán con ‘Termoarcilla Eco-III’, que emprega materiais cerámicos cun alto contido de elementos reciclados. A estrutura cuberta será de madeira laminada e rematada cun panel que permita o máximo illamento térmico co obxectivo de evitar que se acaden temperaturas moi altas no interior.

A iluminación, a base de lámpadas tipo LED, de máximo rendemento e duración, sinalan que reducirá nun 60% o consumo actual. Tamén indican que o novo sistema de renovación do aire suporá un aforro enerxético, xa que se empregará unha estrutura dinámica de renovación que permite unha calidade do aire interior óptima.

O orzamento total da obra é de 81.000 euros e o prazo de execución está previsto para unhas dez semanas aproximadamente. Durante tres delas faranse obras exteriores, polo que se poderá compatibilizar o uso da instalación actual “para prexudicar o menos posible aos usuarios.”

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.