Comezan as obras nas rúas Delicias e Dunas da parroquia ribeirense de Corrubedo

23 Setembro 2019

20190923. Unha nova actuación permitirá a renovación das liñas de saneamento e reposición de pavimentos das rúas Delicias e Dunas, na parroquia ribeirense de Corrubedo.

A obra está sendo executada por Excavaciones y Obras Marcos, S.L. Esta intervención comporta un investimento de 100.292 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan de Acción Social da Deputación.

Desde o Concello de Ribeira sinalan que a decisión de emprender esta obra está motivada porque as acometidas das augas residuais das vivendas situadas en rúa Delicias están conectadas a un colector de formigón no medio da calzada polo que descorren conxuntamente fecais e pluviais. Esta tubaxe conta con pouca pendente e o seu diámetro non é suficiente para evacuar todo o caudal que chega en tempada de chuvias, producíndose con frecuencia inundacións na zona. Ademais, indican que o pavimento de aglomerado está bastante deteriorado, con asentamentos apreciables.

Por outra parte, na rúa Dunas non existe rede separativa de xeito que fecais e pluviais se recollen nun antigo colector de formigón que descorre polo centro da rúa.

Ademais, ambos colectores conéctanse cun emisario situado na praia das Furnas, co que se fai preciso conectar as augas residuais ao colector de PVC conducente á nova EDAR de Corrubedo para eliminar estes vertidos.

A tal efecto, precisan que resulta necesario instalar unha nova liña de saneamento cun bombeo en rúa Dunas e realizar todas as acometidas de augas residuais da rúa Delicias a este colector de PVC, executando ademais dous novos tramos. Os colectores de formigón actuais manteranse como liñas de pluviais.

En total, as instalacións proxectadas son no ámbito das fecais -164 metros de tubaxe de PVC SN4 compacto de 250 milímetros de diámetro; 137’50 metros de tubaxe de PVC SN4 compacto de 315 milímetros; 35 metros de tubaxe de polietileno de 90 milímetros; 19 pozos de rexistro; 58 unidades de acometidas domiciliarias; e 2 bombas somerxibles- e das pluviais -22 metros de tubaxe PVC SN8 corrugado de 315 milímetros; e 7 pozos de rexistro-.

Respecto aos pavimentos, aglomerarase todo o ancho da calzada cunha capa de mestura bituminosa en quente, en tanto que as zonas onde sexa necesario demoler baldosa hidráulica se procederá á súa reposición.

A obra, que ten un prazo de execución de catro meses, efectuarase por tramos para minimizar as molestias á veciñanza, comezando pola rúa Dunas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.