Comeza a conta atrás para o fervedoiro festeiro e cultural da Guadalupe

11 Setembro 2019

20190911 As Festas da Guadalupe de Rianxo marcan o remate da traca festeira do verán xunto ás do Nazareno da Pobra do Caramiñal e as de Santa Uxía en Ribeira (que comezan hoxe). Este ano, os festexos rianxeiros por excelencia celébranse do 13 ao 20 de setembro cunha ampla programación para tódalas idades, tendencias, gustos, inquedanzas e intereses. A axenda deste vén con moitos puntos destacábeis, tal e como sinalou estes días a organización das festas e mailo Concello, pero, malia o complicado de elixir unhas cantas citas ineludíbeis, non se poden deixar de salientar as verbenas (incluída a verbena infantil), o festival Rock in Rian, o Feirón Mariñeiro ou a mostra de arte urbana e tradicional. Quen queira festa, vaina atopar, e quen queira algo máis, tamén o vai atopar.

A procesión marítima das Festas da Guadalupe

De feito, segundo sinala o colectivo organizador das celebracións (a Asociación Sociocultural A Moreniña, co apoio patrocinador do Concello de Rianxo), un dos elementos que fai especialmente grandes as Festas da Guadalupe é que son algo máis ca música e baile, moito máis ca iso: son unhas festividades de enriquecemento cultural nas que calquera, teña os gustos e as tendencias que teña, pode sentirse a gusto e reflectido. “Queremos que o programa non cese en ningún momento do día, que haxa actividades dende a mañá até a noite, que non se interrompa a nosa aposta pola cultura nas súas facetas máis diversas”, sinalaron estes días as organizadoras e organizadores, poñendo o foco no amplo abano de xéneros, temas e propostas que abrangue o programa festivo: dende as vertentes máis clásicas (bandas de música populares, oficios, xogos tradicionais) até as máis modernas e innovadoras (cultura urbana, monólogos do certame local de creación audiovisual Youtubeir@s, etc).

Os festexos comezan o venres 13 coa Festa dos 80 que conta cun concerto, ás 23.00 horas, de Broken Peach e, ás 01.00, sesión Video DJ dos 80 e 90 a cargo de Mínimo Eventos.

A troula continúa o sábado 14 cunha forte presenza musical, pois o Rock in Rian trae a La Duendeneta, Festicultores, Mekánika Rolling Band, Ebri Knight, Dios Ke Te Crew e Reincidentes. Así mesmo, ten lugar o Encontro de Corais con Atalaia da Laxe, Polifónica Padronesa e Abraira de Asados.

O domingo 15 navéganse as augas da ría de Arousa con motivo da procesión marítima, acto principal cuxas orixes se remontan ao 1862, xornada primordial para a romaría e a tirada dos fogos de artificio acuáticos.

As bandas de música que forman parte da programación son a Unión Musical de Meaño o sábado 14, a Municipal de Silleda o domingo 15, a Banda de Arca o luns 16, a Escola de Música de Rianxo o martes 17, a Cultural de Arcade o mércores 18 e a Banda de Música de Noia o venres 20.

Por suposto, haberá baile e música tradicionais a cargo de Río de Anxo e Fogo Fatuo o sábado 14, Buxaina e Vai de Roda o domingo 15, Xilbarbeira e Noite Folc o xoves 19 e Pedra da Aroña o venres 20.

Tampouco poden faltar as orquestras e grupos, congregando no seu cartel a un total dezaseis que asumen a tarefa de amenizar as verbenas: Platinum e La Bamba o sábado 14; Tokio, Dilema e Furia Joven o domingo 15; Abanico e América de Vigo o luns 16; Cinema e Kubo o martes 17; Ciclón e Assia o mércores 18; Costa Dorada e Panamá o xoves 19; e Metrópolis, Alkar e Charleston o venres 20.

Por outra banda, as charangas contribúen a animar o ambiente o mércores 18 con Charanga NBA e o xoves 19 con Cé Orquestra Pantasma.

Enmarcadas nas actividades que se desenvolven no Artella! atópanse a xincana familiar para o sábado 14; cultura urbana con parkour, slackline, freestyle football e BMX flatland para o martes 17; xogos e obradoiro de circo para o mércores 18; e inchables, tren e festa da escuma para o venres 20.

O programa tamén inclúe monólogos e teatro. Os primeiros están programados para o martes 17 con Blanca e Tinta e Miguel Silva, máis coñecido por Aquel-e; mentres que Ghazafelhos asume a responsabilidade de dar vida á obra A illa sen tesouro o mércores 18.

Como antesala do derradeiro día de celebracións, o xoves 19 lévase a cabo a Noite Folc que conta con Lumieira, Os Melidaos e Tiruleques; ademais do Feirón Mariñeiro, A Feira de 1919, un dos pratos fortes destas xornadas. Rianxo retrocede así un século, engalanándose de época para reflectir o seu pasado. Esta feira de artesanía inclúe a mostra de produtos e oficios tradicionais para que non caían no esquecemento, así como música, gastronomía e obradoiros. Todo isto contando coa participación da veciñanza para dar lugar a unha cita única.

Unha cita única que será aínda máis especial e sobranceira o día seguinte, o día 20 de setembro, cunha actividade que pon o foco nos grandes co-protagonistas das celebracións: as nenas e nenos. Estamos a falar da Verbena Infantil, que se celebra na dita xornada no Cabo da Vila a partir das 23.00 horas (baile con sorpresas) e colle impulso despois coa actuación de Pakolas, o sobrenome do artista Paco Cerdeira, sen dúbida un dos músicos galegos actuais preferidos pola rapazada (autor do libro-disco Pakolas, editado por Galaxia, éxito de vendas, público e crítica en 2017). A Verbena Infantil rematará un pouco despois da media noite (sobre as 0.30 horas, coa rianxeira infantil, o canto colectivo entoado pola cativada que virá acompañado de variñas de luz para acrecentar o ingrediente máxico da actividade).

E como broche de ouro a oito días de festa transcorre o venres 20 o Rianxo on Fire con Hernia Eskrotal, Copa Turbo, Glitchgirl, Nüca e The Conspiracy; e como colofón as bengalas entoando A Rianxeira.

Outros artigos

A enseada da Pobra dará a saída á Liga de Cruceiros Ría de Arousa

A unión entre os clubs máis representativos na escena cruceirista de Arousa vai facer posíbel que un ano máis se celebre a clásica regata invernal na ría. Os clubs Arousa Norte (A Pobra ), Ribeira, Rianxo e o centenario Real Club de Regatas de Galicia (Vilagarcía)...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

“De cuentos y cuentistas”. José Antonio Constenla

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Hacienda, María JesúsMontero, ha justificado la intervención de Moncloa en el relevo del presidentede la empresa Telefónica, en que “tocaba el proceso de renovación” y por quées muy importante que España cuente con...

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

“Aprende del ejemplo” – Manuel Domínguez

Una Goleta, con tres palos, Trinquete, Mayor y Mesana, cada palo aguanta su vela. Así funciona y así navega, un palo no aguanta la vela que no le corresponde, cada quien aguanta la suya. Así pues, no es eficaz, que una persona transporte los problemas de otra, podrás...