Científicos do CSIC detectan un incremento do carbono orgánico disolto no océano Atlántico

19 Setembro 2019

20190919.- Científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), en colaboración coa Universidade de Miami e o Instituto Español de Oceanografía, estudaron os cambios na reserva de carbono orgánico disolto (DOC) das augas profundas do océano Atlántico. Os resultados amosan unha produción de carbono orgánico en certas zonas. Así, segundo esta investigación, no Atlántico sur hai un aumento de 27 millóns de toneladas de carbono orgánico ao ano, mentres que no Atlántico norte (que actúa como un sumidoiro) elimínanse 298 toneladas de carbono.

Este balance converte ao Atlántico profundo nun sumidoiro neto de carbono orgánico disolto. “É moi relevante descubrir que hai zonas do océano profundo onde tamén se produce carbono orgánico disolto. Todo este carbono que se engade nas profundidades oceánicas é carbono que non pasa á atmosfera en forma de CO2 a curto prazo, o que, en principio, non contribúe para o efecto invernadoiro e iso é algo positivo”, explica a científica do CSIC Cristina Romeu Castelo, quen lidera esta investigación, que iniciou na Universidade de Miami e continuou no Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona. O traballo contou ademais coa participación dos científicos Xosé Antón Álvarez Salgado, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, e Marta Álvarez do Instituto Español de Oceanografía da Coruña. Os detalles da investigación, financiada pola National Science Foundation e o MINECO no marco do proxecto FLUXES publicáronse na revista Global
Para pescudar os cambios nas reservas de carbono ao longo dos anos, os científicos mediron os parámetros físico-químicos das grandes masas de auga que forman o océano. Estas masas fórmanse na superficie do océano e afúndense a distintas profundidades en función da súa densidade. Desde que se forman, trasládanse miles de quilómetros por todo o océano e circulan durante décadas, mesturándose moi lentamente entre elas. Cada unha delas ten unha temperatura e salinidade características, o que permite a súa identificación. Isto é o que permitiu pescudar o incremento ou diminución do carbono orgánico disolto en cada masa ao longo dos anos. Na investigación analizáronse datos das cinco masas de auga principais do Atlántico profundo, tres de orixe antártica e dúas de orixe noratlántico. Para o estudo, o equipo investigador utilizou unha extensa base de datos recolleitos ao longo de varias campañas oceanográficas que tiveron lugar entre 2010 e 2013 no océano Atlántico. Así mesmo, a través dunha complexa análise dos mesmos determinouse as distintas masas de auga existentes na zona de estudo e a proporción de cada unha destas en cada mostra recollida.

Ata o de agora sabíase que o carbono orgánico disolto presente en cada unha destas masas diminúe paulatinamente ao ser consumido polos microorganismos mariños. Os aumentos deste carbono nalgunhas masas de auga do Atlántico profundo supoñen un novo factor a ter en conta nos modelos biogeoquímicos. “É probable que este carbono veña de material que sedimenta desde a superficie e vaise solubilizando”, afirman os investigadores. Xosé Antón Álvarez Salgado, profesor do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas IIM (Vigo) explica: “Que se produzan sumas ou eliminacións de DOC no océano profundo depende da profundidade á que se atopa a masa de auga e do tempo que fai que esta se formou en superficie”. As masas de auga analizadas formáronse entre 30 e 70 anos atrás.

Os investigadores conclúen que “os futuros cambios que afecten á composición das masas de auga e á circulación oceánica, como os que poderían deberse ao cambio climático, tamén afectarán á distribución actual de carbono e á reserva de DOC oceánico”. O equipo estima que do total de DOC producido na superficie do Atlántico, o 40% é consumido nas profundidades desta conca oceánica. “No Atlántico Norte, o 66% do DOC consumido ten lugar na auga profunda noratlántica. Mentres que, no Atlántico Sur, a principal fonte de DOC é a auga intermedia antártica cunha produción do 45%” explica Marta Álvarez, investigadora do Instituto Español de Oceanografía da Coruña.

Carbono Atlántico CSIC. FC

Outros artigos

CONGALSA afianza as relacións ca Associação Empresarial de Portugal

Co obxectivo de “fortalecer as relacións comerciais e explorar novas oportunidades de cooperación”, unha delegación da AEP - Associação Empresarial de Portugal, liderada polo presidente do Consello de Administración, Luis Miguel Ribeiro, visitou as instalacións de...

+

Este venres rematan as Festas da Guadalupe (festivo en Rianxo)

Este venres 19 de setembro celébrase en Rianxo o colofón final das Festas da Guadalupe 2024: a última xornada festeira (festivo local). Estará adicada á rapazada con actividades infantís durante todo o día. O Concello explica que "como non podería ser de outro xeito,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...