Catro rapazas entregan á Policía Local boirense un neceser con máis de mil euros

27 Setembro 2019

20190927. A Policía Local de Boiro recibiu de mans de catro rapazas un neceser extraviado coa intención de que os axentes llo devolvesen ao seu propietario. Dentro do pequeno bolso había un teléfono móbil, dúas libretas bancarias e unha cantidade de diñeiro que superaba os mil euros.

Así, a colaboración destas catro rapazas menores de idade fixo posible que a Policía Local, cos datos dunha das libretas bancarias, atopase á propietaria e lle devolvese tódalas súas pertenzas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.