Barbanza rexistra un aumento de 59 desempregados no mes de agosto

04 Setembro 2019

20190904. A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar os datos correspondentes ao mes de agosto sobre o paro en Galicia. Nos catro concellos que conforman Arousa Norte, prodúcese unha subida en Boiro e Rianxo, mentres que baixa en Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Respecto ao mes de xullo, en Ribeira houbo 20 parados menos e 11 na Pobra do Caramiñal. Boiro lidera a perda de postos de traballo con 74 desempregados máis en comparación ao mes previo e Rianxo con 16. Polo tanto, produciuse un aumento de 59 persoas que quedaron sen traballo. Isto débese, en boa medida, á finalización de parte dos contratos propios da época estival. Deste xeito, o mes de agosto reflexa 3.038 desempregados, dos cales 1.181 correspóndense con Ribeira, 418 coa Pobra, 901 con Boiro e 538 con Rianxo.

Tamén se observa un número moito máis elevado nos parados maiores de 25 anos en comparación aos que non superan esa idade. Así, en Ribeira confróntanse os 1.133 aos 48, na Pobra os 404 aos 14, en Boiro os 824 aos 77 e en Rianxo os 505 aos 33. O mesmo sucede en canto aos sexos, pois hai máis mulleres desempregadas ca homes. En Ribeira confróntanse as 764 aos 417, na Pobra as 255 aos 163, en Boiro as 542 aos 359 e en Rianxo as 318 aos 220.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.