Autoxuga Móbil axuda dende Taragoña á rendibilidade das empresas

27 Setembro 2019

20190927 Autoxuga Móbil, empresa de Taragoña (Rianxo) centrada no subministro de servizos innovadores e tecnoloxías para o ámbito do motor e do mantemento do automóbil, rematou o verán con novidades importantes no seu catálogo de solucións eficaces. Segundo nos conta Pablo Castro, co-propietario de Autoxuga (conxuntamente con catro socios máis) e apoderado da empresa, a novidade do catálogo é unha aplicación que facilita o traballo do empresario en relación co equipo profesional da súa empresa.

“Xa que existe a obrigatoriedade de que os empregados fichen entradas e saídas, en Autoxuga imos moito máis alá disto e creamos unha aplicación para que o empresario coñeza con precisión a repercusión da fichaxe dos traballadores”, explican dende Autoxuga, engadindo que a app en cuestión (Autoxuga Control Horario) xa está habilitada e dispoñíbel na Rede, na súa versión para empresarios, por unha banda, e empregados, pola outra.

A aplicación funciona da seguinte maneira dependendo de quen sexa, nun equipo de traballo, o que lle tire proveito:

· Para administradores. Xestiona a as bases de datos e encárgase de crear as empresas. Pode ser Autoxuga ou unha empresa que dispoña de dominio web en Linux ou Windows, con base de datos SQL e execución de aplicacións PHP.

· Para empresas. As empresas terán que encher unha soa vez os datos dos empregados e horarios da empresa, supervisando as fichaxes realizadas e, “desta maneira sinxela, a aplicación mostraralles a produtividade e a rendibilidade de cada empregado e a global da empresa por enteiro”, sinalan dende Autoxuga.

· Para os empregados. Somentes ficha entradas e saídas, podendo indicar cando un traballador inicia unha xeira laboral e cando a remata, e “se desexa coñecer a súa eficacia tería que apuntar a súa facturación diaria”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.