As mesas electorais de Cabo de Cruz e Boiro serán obxecto de cambios de cara ao 10-N

26 Setembro 2019

20190926. O Concello de Boiro levará a cabo uns cambios nas mesas electorais de cara as eleccións xerais do 10 de novembro de 2019 e as posteriores, co obxectivo de “mellorar a accesibilidade dos cidadáns aos colexios electorais e exercer o seu dereito ao voto.” Así, os núcleos nos que se procederá á realización de modificacións son Cabo de Cruz e Boiro. Tamén estaba previsto desenvolvelas en Comoxo, pero sinalan que, por cuestión de prazos, non foi posible.

Deste xeito, as mesas electorais da parroquia do Castro, que ata o de agora estaban repartidas entre a Casa do Mar e o Colexio de Infantil e Primaria de Santa María do Castro, pasarán a agruparse todas no Centro Social de Cabo de Cruz. Mentres, no centro de Boiro hai un total de dez mesas que, ata o de agora, se repartían en dous espazos, pois sete estaban no Centro Social e tres na Casa da Cultura. A partir das eleccións do 10 de novembro, todas elas estarán agrupadas nunha mesma área, no Polideportivo de A Cachada.

Por outra banda, en Comoxo hai só unha mesa situada no Colexio de Educación Infantil e Primaria Pazos-Comoxo, a cal estaba previsto trasladala ao Museo Etnográfico. Este cambio estaba autorizado pola Asociación de Veciños que xestiona o centro, mais, debido á urxencia coa que se convocaron os comicios de novembro, desde o Consistorio manifestan que “non deu tempo a facelo efectivo pero si se levará a cabo nos vindeiros.”

O 30 de setembro farase pública no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) a relación das mesas electorais, incluíndo o territorio que comprende cada unha. O prazo de exposición pública do censo electoral é do 30 de outubro ao 7 de novembro, período no que se poden facer as reclamacións administrativas sobre os datos censuais. As consultas poden realizarse no Rexistro Xeral do Concello, dentro do prazo indicado, en horario de 09.00 a 13.30 horas, ou nos teléfonos 981217439, 981217426 e 901101900.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.