As festas do Nazareno verán reforzada a súa seguridade

06 Setembro 2019

20190906. A Pobra do Caramiñal volverá estar en festas do 13 ao 16 de setembro con motivo do Nazareno. O alcalde Xosé Lois Piñeiro anuncia que contarán “co operativo de seguridade mellor da historia” con barreiras arquitectónicas fronte a calquera tipo de atentado con vehículos a alta velocidade, pero a maiores desde o Concello fíxose un plan de autoprotección cunha empresa que realizou un estudo dos riscos potenciais que se poden producir na procesión mediante o que se solicitou á Axencia Galega de Seguridade (Axega) un camión de Posto de Mando Avanzado (PMA).

O vehículo estará situado na praza Maior, con tres cámaras distribuídas polo percorrido da procesión máis unha que estará no propio camión, gravando todo e converténdose no centro de control onde estará presente o mando da Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e a asistencia sanitaria. Debido á conexión vía satélite permitirá unha coordinación moi rápida, polo que, ante calquera suceso, estarase preparado para a intervención de maneira áxil. A área encargada desta xestión foi a Concellería de Seguridade Cidadá, a cargo de José Andrés Lojo Fernández.

Outra das novidades será a instalación dun Punto Lila co obxectivo de contribuír a uns festexos libres de agresións sexistas.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.