As escolas deportivas da Pobra botarán a andar en outubro

18 Setembro 2019

20190918. A Concellería de Deportes da Pobra do Caramiñal organiza a programación deportiva para a tempada 2019-2020, a cal consta de actividades destinadas a  toda a poboación que sexa maior de 3 anos de idade. Deste xeito, botarán a andar o martes, 1 de outubro, dividíndose en dous cuadrimestres. O primeiro estenderase desde o 1 de outubro do presente ano ata o 31 de xaneiro de 2020, mentres que o segundo será desde o 3 de febreiro de 2020 ao 29 de maio do mesmo exercicio.

Neste senso, o programa atópase diferenciado en varios apartados. Por unha banda, as escolas deportivas do Concello a través de educación física base/predeporte e fútbol sala mixto; e pola outra, as escolas deportivas a cargo dos clubs locais mediante aeromodelismo, artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol sala, fútbol, patinaxe artística, remo, tenis, tenis mesa, tiro con arco, xadrez, xogos de mesa/estratexia e ximnasia acrobática.

Tamén se disporán de xogos populares para Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Así mesmo, haberá ximnasia para maiores, ximnasia de mantemento de adultos, pilates e pilates para maiores.

Cómpre sinalar que se organizarán competicións na actividade deportiva en idade escolar da Secretaría Xeral para o Deporte, diferentes actividades nos colexios e torneos nas diversas modalidades deportivas.

Ademais, contarase coa liga local de tenis de afeccionados/as, categoría absoluta, que se disputará nas instalacións deportivas municipais e dará comezo a primeiros de novembro, a cal se organiza en colaboración co Club de Tenis Punta Salera.

Os interesados poden solicitar información e anotarse nas oficinas de Deportes do Concello, situadas na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 10.00 a 14.00 horas, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.

Outros artigos

O BNG esixe “celeridade” para rematar as obras de Palmeira

A deputada do BNG no Parlamento de Galiza, Rosana Pérez, trasladou en comisión parlamentaria a preocupación existente pola paralización das obras de humanización da estrada AC-305 ao seu paso pola parroquia de Palmeira, no concello de Ribeira. Fíxoo a través dunha...

+

O taichí terapéutico chega a Vilariño e Santa Cruz

O Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría de Participación Veciñal, pon en marcha unha nova actividade de taichí terapéutico destinada a promover hábitos saudábeis, favorecer o benestar físico e emocional e ofrecer espazos de encontro para a veciñanza....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...