‘As costureiras’, dignificando a figura da muller na posguerra

03 Setembro 2019

20190903. Vou Films presentará a súa próxima curta o domingo 8, ás 20.30 horas, no pobrense cine Elma. Baixo o título As costureiras e cunha duración de 7 minutos, narra o labor da muller na época da posguerra. Ao acto de presentación asistiron o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro; a concelleira de Cultura, Patricia Lojo; o director e guionista do filme, Lois Basallo; e a responsable de produción, Adriana Rego.

A edil destacou que se trata dunha peza rodada integramente no municipio pobrense, a través da que se relata “a muller na época da posguerra e creo que nos darán unha sorpresa, a partir de agora, sobre estas curtas.”

Pola súa parte, Lois Basallo indicou que este proxecto da continuidade ao anterior, As lavandeiras, ademais de anunciar que teñen pensado facer outros máis. De feito, avanzou que a próxima obra audiovisual se centrará nas peixeiras. Desta maneira, pretenden facer ao redor dunha ducia de curtas que formen un conxunto conectado pola temática da muller e os oficios da posguerra. Neste caso, quixeron plasmar o traballo das costureiras, unha tarefa “exclusivamente de mulleres e, por desgracia, non demasiado ben visto, non tiña demasiada boa reputación.” Así, queren proxectar que “era un oficio digno e que axudaba e aportaba na familia.” Para materializalo, contactaron con xente da profesión.

Detallando máis o que deparará este evento cinematográfico, Adriana Rego sinalou que despois do visionado haberá un coloquio que contará coa presenza dos actores –César Cambeiro, Tareixa Cambeiro, Laura Ponte e Rubén Prieto- e da escritora Mercedes Vega, quen “curiosamente escribiu un libro das lavandeiras antes e agora ten un que se chama As costureiras.” Por iso, “dentro da misteriosidade que ten toda a curta tamén hai máis misterios externos.”

Na súa intervención, o rexedor agradeceu o traballo de Vou Films e indicou que “os seus traballos sempre foron un éxito”, desde que comezaron coa curtametraxe Bágoas de Ouro, pasando pola webserie A Partida e agora con estes novos proxectos. Ademais, convidou á veciñanza a que asista e “ogallá faga falta coma sempre repetir máis dunha vez a proxección porque hai esa demanda forte da xente por velo.”

Cómpre salientar que a primeira parte do compendio, As lavandeiras, participou en festivais nacionais e internacionais, sendo finalista no FanCine de Lemos e gañando unha distinción na India. Así mesmo, tentarán presentarse á Mostra de Curtas de Noia.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.