As catorce escolas deportivas de Ribeira botarán a andar en outubro

17 Setembro 2019

20190917. O 21 de outubro dará comezo un novo curso das Escolas Deportivas Municipais de Inverno do Concello de Ribeira, onde haberá catorce especialidades: Multideporte-Psicomotricidade, Kempo, Ximnasia Acrobática, Atletismo, Ximnasia Rítmica, Tenis, Baloncesto, Patinaxe, Pádel, Iniciación ao Fitness, Boxeo, Nada e Corre, Taekwondo e Voleibol.

Cada curso ten un prezo anual de 58’10 euros, existindo bonificacións por número de fillos, e a data de finalización establécese na última semana de maio.

O sistema de inscricións muda en relación a edicións anteriores. Así, primeiramente haberá un prazo de anotación para as persoas que participaron no 2018-2019, desenvolvéndose do 23 ao 27 de setembro. A renovación outorga dereito a reservar praza na mesma actividade, grupo e horario nas que se participou o anterior ano. A renovación poderase formalizar de maneira presencial na oficina de Deportes da Fieiteira, en horario de 09.00 a 13.30 horas.

As novas inscricións terán lugar entre o 7 e o 11 de outubro. Os interesados poderán anotarse cubrindo cos seus datos un formulario en liña a través da páxina web www.riveira.gal ou tamén en persoa na oficina de Deportes, onde os empregados utilizarán o mesmo formulario para garantir a orde de solicitude.

Máis información na páxina web do Concello, a través do correo electrónico deportes@riveira.com ou na propia oficina de Deportes da Fieiteira, en horario de atención ao público de 09.00 a 13.30 horas, con teléfono 981873646.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.