‘Alma Mater’ marca o inicio de AMAL en Rianxo

25 Setembro 2019

20190925. Hoxe arranca en Rianxo o Ciclo de Cine Euroárabe AMAL en ruta co filme Alma Mater, de Philippe Van Leeuw -ás 21.00 horas-. As outras pezas audiovisuais a proxectar son  Zagros, de Sahim Omar Kalifa -o xoves 26, ás 21.00 horas-; Of fathers and sons, de Talal Derki -o venres 27, ás 20.30 horas-; Sheikh Jackson, de Amra Salama -o venres 27, ás 22.30 horas-; Ghost Hunting, de Talal Derki -o sábado 28, ás 20.30 horas-; e El Cairo confidencial, de Tarik Saleh -o sábado 28, ás 22.30 horas-.

As entradas son de balde e ata completar a capacidade da sala Arcos Moldes do Auditorio municipal, desde unha hora antes das sesións.

Este evento, organizado en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, percorre o cine árabe actual. A cita, que se estenderá ata o sábado 28, trátase dunha versión resumida da Semana do Cine Euroárabe AMAL 2018, celebrada en outubro do pasado ano en Santiago de Compostela.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.