A XXII Carreira Popular de Santa Uxía congregará a 801 participantes

27 Setembro 2019

20190927. Un total de 801 corredores daranse cita mañá na XXII Carreira Popular de Santa Uxía, a máis veterana das probas desta índole na contorna, que forma parte do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación e do IV Circuíto de Carreiras Arousa Norte.

A competición arrancará ás 17.00 horas no Malecón ribeirense coa participación dos Sub-14 e Sub-16, os cales deberán cubrir unha distancia de 2.500 metros. Media hora despois está previsto o inicio da modalidade Sub-12, de 1.000 metros, mentres que, ás 18.00 horas, terá lugar a proba Absoluta de 10 quilómetros, a cal aglutina ás categorías Sub-18, Sub-20, Sub-23, Sénior e Máster, procedendo a dar dúas voltas a un circuíto que bordea o litoral ata Coroso.

Tamén dará comezo, ás 18.00 horas, a denominada ‘Sapatilla inclusiva’, unha modalidade única Absoluta para persoas con diversidade funcional, que terán que completar unha volta de 5.000 metros ao mesmo circuíto.

Por último, ás 19.10 horas, será a quenda dos ‘Pitufos’ antes de proceder coa entrega de trofeos, onde haberá premios en metálico para os tres primeiros clasificados da proba Absoluta, tanto masculinos coma femininos, ademais de recibir un galardón deseñado polo artista Abraham Benítez. Así mesmo, repartiranse medallas conmemorativas aos tres mellores corredores locais e aos tres primeiros de cada categoría. Nas modalidades ‘Pitufo’ e Prebenxamín, tódolos participantes recibirán unha medalla e non se establecerá clasificación.

Con motivo deste evento deportivo, a Policía Local informa de que mañá, sábado 28, desde as 15.30 ata as 20.00 horas, non se poderá circular polas vías afectadas polo transcurso da carreira, sendo a avenida do Malecón, rúa García Bayón e paseo de Carolinas.

Respecto ao centro de saúde e toda a zona portuaria -desde o acceso ao peirao comercial ata o porto deportivo- só se poderá entrar e saír pola rotonda da Comandancia, dirección rúa Romero Ortiz ou cara a estrada de Castiñeiras, DP-7307.

Ademais, estableceranse paradas de autobús provisionais na zona de carga/descarga da rúa Miguel Rodríguez Bautista, onda Levirsa, e no cruce das rúas Galicia-Barreiro, onda a farmacia de Calo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.