A tradición cultural galega xuntarase na Guadalupe coas novas expresións artísticas urbanas

03 Setembro 2019

20190903 Entre os puntos fortes das Festas da Guadalupe, e a nova entrega das celebracións non vai ser unha excepción (todo o contrario), figura a súa vontade de crear, reivindicar e intercambiar cultura. Isto percíbese especialmente en seccións como o programa A Moreniña, arte, cultura e tradición, que conta co patrocinio da área de Cultura da Deputación da Coruña. O programa vén con dúas grandes vertentes: a Mostra de Bandas de Música Populares e o programa Artella! de obradoiros e arte na rúa.

Polo que se refire á Mostra de Bandas de Música Populares, desenvolverase os días 14 (Unión Musical de Meaño), 15 (Banda Municipal de Silleda), 16 (Banda de Arca), 17 (Escola de Música de Rianxo), 18 (Cultural de Arcade), 20 de setembro (Banda de Música de Noia). As ruadas están previstas para as 10.00 da mañá dos devanditos días, e os concertos para as 13 e as 18 horas, agás o domingo.

O programa Artella!, pola súa banda, comeza o sábado 14 cunha xincana familiar no Campo a partir das 12 para logo coller impulso o martes 17, con obradoiros (nas prazas Virxe de Guadalupe, Castelao e da Igrexa) de parkour, slackline, BMX e fútbol freestyle. O mércores 18 será a quenda dos xogos tradicionais (Eira Xandobeleira na Ribeira, a partir das 12.00), os obradoiros de circo (na Ribeira a partir das 18 horas) e o teatro (A Illa sen Tesouro, de Ghazafelhos, na praza da Igrexa a partir das 20 horas).

Ao día seguinte, día 19, celebraranse e reivindicaranse os oficios tradicionais no marco do Feirón Mariñeiro e ás 12 horas está prevista a actuación de Cé Orquestra Pantasma na praza da Igrexa a partir das 12. O venres 20 haberá inchables (a partir das 12 na praza Virxe da Guadalupe), unha festa da escuma (ás 13 no Campo) e a verbena infantil con Pakolas (a partir das 23).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...