A Pobra será escenario da IV Subida á Curota

26 Setembro 2019

20190926. A cuarta edición da Subida á Curota nas modalidades de atletismo e ciclismo -BTT e bicicletas de estrada- chega ao municipio pobrense o 5 de outubro. Organizada polo Concello da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza, esta cita congregará a numerosos deportistas -federados e non federados- que deberán completar unha distancia de 9 quilómetros.

As modalidades participantes para a carreira a pé son Sub-20, Sénior, Máster 1, Máster 2 e Máster 3; para a BTT son Júnior, Elite, Máster 30, Máster 40 e Máster 50; e para bicicleta de estrada son Cadete, Júnior, Sub-23, Elite, Máster 30, Máster 40 e Máster 50.

A saída será da praza Maior, establecéndose as 17.00 horas para a BTT -cada minuto, un participante-, as 18.15 horas para a carreira a pé -conxunta- e as 18.30 horas para as bicicletas de estrada -cada minuto, un participante-.  

Por outra banda, a meta situarase no estanque do Alto da Curotiña para as bicicletas e no Alto do Miradoiro da Curotiña para a carreira a pé.

Unha vez rematado o evento, os deportistas serán trasladados en autobús ao lugar de saída para proceder á entrega de agasallos aos cinco primeiros clasificados por categoría, así como os trofeos aos que ocupen o podio con premios económicos de 150, 100 e 75 euros segundo o posto.

Os interesados dispoñen ata as 23.59 horas do 2 de outubro para inscribirse a través da páxina web www.emesports.es, aboando un total de 6 euros. Tamén se pode solicitar máis información no departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, ou mediante os teléfonos 981832590, 981831545 e 619229946.

A organización conta coa cooperación da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil para garantir a seguridade e bo desenvolvemento da proba. Ademais, colaboran Centro Sport/Deportes Maniotas, Motoclub Sin Frenos, Transportes Autos Barbantia, Publicolor e Sport Bike.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.