A orquestra Panorama e o espectáculo pirotécnico porán o broche de ouro ás festas do Nazareno

16 Setembro 2019

20190916. A Pobra afronta a última xornada dos festexos do Nazareno. O día comezou, ás 10.00 horas, coas 21 bombas de palenque para, media hora máis tarde, dar inicio aos pasarrúas e alboradas a cargo da Banda de Música Unión Musical de Valladares, banda de gaitas Os Chaneiros e grupo de gaitas Xiada. A partir das 11.00 horas, os máis pequenos da casa puideron desfrutar na praza Alcalde Segundo Durán do gran parque infantil Pueblalandia, onde houbo gladiadores, elfos, rocódromo, castelo de princesas, tobogán dragón, pista americana, futbolín humano, obradoiro de maquillaxe, taller de chapas e festa da escuma multicolor.

Xa cara ao mediodía, ás 12.30 horas, Os Chaneiros ofreceron un concerto na praza García Martí e na praza da Maura; mentres que a Banda de Música Unión Musical de Valladares fixo o propio nos xardíns, ás 13.00 horas.

Á tarde, ao redor das 19.00 horas, os xardíns acollerán un concerto a cargo de tódalas agrupacións.

Ademais, haberá atraccións sen ruído de 18.00 a 21.00 horas, repartíndose tamén entradas de balde no xardín, a carón da praza de Valle-Inclán, para os cativos de 2 a 12 anos e ata esgotar existencias.

A partir das 21.00 horas, a Charanga NBA percorrerá os distintos emprazamentos da vila para, ás 21.15, desenvolver os pasarrúas de despedida desde o Concello ata o Castelo con tódalas agrupacións que actuaron ao longo da xornada. O colofón a catro días de festa correrá a cargo da orquestra Panorama, ás 22.30 horas, e do espectáculo de fogos artificiais e acuáticos programado para as 00.00 horas no paseo da praia do Areal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.