A historia de Julio Vilches, fareiro de Sálvora, proxectarase en Neda, A Pobra e Oroso

19 Setembro 2019

20190919 A historia do fareiro Julio Vilches, residente do faro de Sálvora durante décadas, vai ter presenza no programa do Ciclo Etnográfico de Cinema Galego, que organiza a área da Deputación da Coruña, a partir do 27 de setembro en Neda para logo trasladarse a Pobra do Caramiñal e Oroso. A iniciativa, que ten o obxectivo de divulgar a nosa rica produción audiovisual recente, toda ela co nexo común de ofrecer interesantes achegamentos á nosa identidade máis íntima, proxectará cinco curtametraxes e unha longametraxe.

Presentación do ciclo da Deputación da Coruña

En concreto, as curtas Rapa das Bestas de Jaione Camborda, O fareiro de Sálvora de Gloria Vilches, Toxos e Flores de Lucía Vilela, Homes de Diana Toucedo e Ser e voltar de Xacio Baño, máis a longametraxe Os fillos da vide de Ana Domínguez, tamén directora do ciclo.

Polo que respecta á curta sobre o fareiro de Sálvora, é un achegamento audiovisual á vida cotiá de Julio Vilches, fareiro da illa dende 1980 até a década dos 2000, como relata no seu libro Diario de un farero (Hoja de Lata), do que a curta da súa sobriña Gloria achégase como un complemento en imaxes: o xeito de visualizar en fotogramas concretos o que foi a illada (pero rica e completa en achados e amizades) vida dun dos últimos representantes do devandito oficio de torreiro, hoxe xa practicamente extinto.

A chegada

Julio Vilches, técnico mecánico en sinais marítimos, chegou a Sálvora en 1980. A súa vida na illa abrangueu un total de 37 anos. En 2006 decidiu xuntar os seus escritos persoais acerca da vida en Sálvora como torreiro e, a xeito de caderno de bitácora, foi quen de materializar unha escolma de 600 páxinas. Esta materia prima de incalculábel valor foi a cerna do seu libro e, tamén, o miolo da curta de Gloria Vilches, que, amais de ser a directora do audiovisual, foi editora do caderno do seu tío.

Presentación editorial

Unha mañá brumosa de 1980, Julio Vilches desembarca en Sálvora, illa situada na bocana da ría de Arousa, disposto a estrear a súa recentemente adxudicada praza de fareiro. Recíbeno un destartalado faro en obras, dous quilómetros cadrados de praias e bosques virxes, cabalos salvaxes, estrondo de gaivotas e os seus novos veciños: Andrés, un axudante acordeonista con moito perigo, e o Algarrobo, co seu vetusta carabina. Para Julio, Sálvora será a partir de entón un anaquiño de terra libre onde celebrar a vida xunto a unha variada comunidade de animais, amigos, amantes, náufragos e trotamundos mariños.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.