A exposición de Oswaldo Guayasamín chega a Lugo

26 Setembro 2019
Cedida por Fundación Museo de Artes do Gravado de Ribeira

20190926. Despois do seu paso por Santiago de Compostela, o proxecto expositivo Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios chega á sede de Afundación na praza Maior, 16 en Lugo, do 26 de setembro ao 11 de xaneiro.

A mostra conmemora o centenario do nacemento do pintor Oswaldo Guayasamín (Quito, 1919) e, ao mesmo tempo, o vixésimo aniversario do seu falecemento (Baltimore, 1999). Ademais, comprende dúas series pertencentes á Fundación Museo de Artes do Gravado de Ribeira.

A titulada De Orbe Novo Decades foi concibida para ilustrar unha edición facsimilar do libro de nome homónimo de Pedro Mártir de Anglería, publicado orixinalmente en 1516. Esta obra inspirou as 57 ilustracións do mestre ecuatoriano, efectuadas nos anos oitenta do pasado século. Esas mesmas litografías e augafortes, as cales se refiren ás visións mutuas entre dous mundos que tiveron lugar a partir de 1492, suxiren unha nova ollada desde os textos históricos, literarios ou xornalísticos.

Por outra banda, a propia Fundación Museo de Artes do Gravado denominou á segunda serie Emocións, xa que, a través de 20 litografías realizadas en España polo citado pintor, amósase o mundo dos sentimentos, outra das súas principais preocupacións, ao dicir Guayasamín que “puxen alí toda a miña alma e reflectín os temas máis eternos.”

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...