Ampliado o prazo ata o 30 de agosto para visitar a mostra sobre Oswaldo Guayasamín en Santiago

02 Xullo 2019

20190702. A Fundación Museo de Artes do Gravado de Ribeira e Afundación, a Obra Social de ABANCA, amplían ata o 30 de agosto o prazo de visitas do proxecto expositivo Oswaldo Guayasamín 1919-1999. Dúas series. Dous aniversarios que se está a expoñer na sede de Afundación na rúa do Vilar, 19 en Santiago de Compostela. Aínda que estaba prevista a clausura desta mostra no mes de xuño, decidiuse ampliar en dous meses o prazo debido ao éxito de visitas, máis de 3.000.

As visitas poden realizarse de luns a domingo en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Ademais, a mostra do artista ecuatoriano estará presente nas sedes de Afundación en Lugo, de setembro de 2019 a xaneiro de 2020, e en Ferrol, de febreiro a abril de 2020.

Esta exposición foi presentada o pasado 10 de abril polo vicepresidente da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, Javier Expósito; a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela; e a Profesora Titular de Historia de América da Universidade de Santiago de Compostela, Pilar Cagiao, comisaria da exposición, quen ofreceu unha visita guiada inaugural na que tamén interveu o director xerente de Afundación, Pedro Otero; o secretario xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o presidente e o vicepresidente da Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital, Manuel Ruiz e Javier Expósito.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.