A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira recibiu a visita do gobernador de Ceará

18 Setembro 2019

20190918. O gobernador de Ceará (Brasil), Camilo Santana, visitou hoxe a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, acompañado pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar, Susana Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro. Deste xeito, a delegación do estado de Ceará coñeceu as instalacións da man do director da escola, Pedro Riveiro. O centro colabora coas empresas da zona para que o alumnado poida realizar as súas prácticas en contornas reais de traballo e tamén coas confrarías de pescadores de cara a impartir os cursos náutico-pesqueiros dirixidos aos profesionais do sector.

Susana Álvarez manifestou que “intentaremos amosarlle toda a nosa formación marítimo-pesqueira, como está organizada e como se desenvolve para darlle servizo a un sector que é moi demandante.”

Pola súa parte, Pedro Riveiro indicou que “lle amosaremos tamén o que son os itinerarios formativos porque a estrutura do ensino profesional aquí vai ser moi diferente ao que teñen no Brasil, e imos poñer en valor como estamos organizados, desde o punto de vista marítimo-pesqueiro, como é o ensino regrado e non regrado, que tipo de oferta educativa temos e, logo tamén, que poidan ver as instalacións.”

Ovidio Rodeiro expresou que “Galicia é unha potencia pesqueira e, concretamente, esta comarca. Polo tanto, creo que a colaboración que ten tamén unha compañía galega con empresa neste estado do Brasil é o que vén a intensificar esta relación e esta cooperación.”

A Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira depende da Consellería do Mar e comezou a funcionar en maio de 1993. Ten como misión impartir ensinanzas náuticas e marítimo-pesqueiras nas ramas de ponte e máquinas. Entre as súas instalacións, o centro dispón de aulas taller de seguridade e primeiros auxilios, electricidade, electrónica e automatismos, oleohidráulica e pneumática, aula de soldadura e tamén aulas de axuste e torno e de motores. Conta ademais con laboratorio e simuladores de navegación e pesca, de comunicacións, de máquinas e de frío e cálculo de refrixeración directa e indirecta.

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.