A concelleira de Educación boirense visita os centros para coñecer as súas demandas

16 Setembro 2019

20190916. O curso escolar comezou a semana pasada para os cativos de educación infantil e primaria na comarca do Barbanza. En Boiro, a concelleira de Educación, María Outeiral, visitou nos primeiros días tódolos centros de ensino do municipio para observar o estado das instalacións e reunirse cos directores co obxectivo de coñecer as necesidades e demandas do alumnado e familias, así como atender as deficiencias das escolas.

Desde o goberno local sinalan que traballaron “contra reloxo para que todo estivese a punto” de cara ao inicio das clases nos colexios de Educación Infantil e Primaria, ademais de nas Galiñas Azuis pero, “aínda que se resolveron as cuestións máis urxentes”, hai algúns centros nos que “quedan materias pendentes en algunhas cuestións” que, segundo afirmou a edil “iremos resolvendo en canto nos sexa posible.” Así mesmo, María Outeiral engadiu que “desde o Concello estámonos involucrando en todo o que está na nosa man para a mellora e mantemento dos centros escolares, de maneira directa ou a través da Consellería de Educación.”

A partir de hoxe tócalle afrontar un novo ano académico á rapazada de secundaria e bacharelato, comezando mañá as clases en horario normal nos tres Institutos de Educación Secundaria (IES) do municipio, os cales serán visitados nos vindeiros días pola concelleira coa mesma pretensión que nos centros citados anteriormente.

Outros artigos

A Audiencia da Coruña condena a un home por unha agresión en Boiro

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña condenou a un home ao pagamento dunha multa de 720 euros por cometer un delito de lesións ao agredir a outro home en Boiro. Segundo os feitos recollidos na sentenza, o acusado increpou a unha camareira á saída dun bar...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...