A Biblioteca pobrense vivirá o venres unha xornada de ‘conto’

25 Setembro 2019

20190925. Os Quinquilláns Teatro recalan na Pobra do Caramiñal con A fábula do espantallo, un obradoiro teatral dirixido a crianzas e as súas familias. A cita desenvolverase o venres 27, ás 18.00 horas, na Biblioteca municipal.

O espectáculo está inspirado na obra Espantallo amigo, do escritor Xosé Neira Vilas, que relata a historia do tío Ramón de Rebordena, quen posúe a mellor figueira da aldea e, para defendela das peteiradas dos merlos, constrúe un espantallo cortando uns casqueiros miúdos de pino manso, atándoos cun vimbio e facendo unha cruz. A continuación, enche o esqueleto con palla, ponlle un melón como cabeza e vísteo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Incluso lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Mais o espantallo en vez de espantar os merlos, faise amigo das aves e dos rapaces.

Así, na representación farase unha lectura grupal en voz alta deste libro, terá lugar unha sesión de deseño de carteis xunto cunha clase de debuxo dos personaxes, un obradoiro de elaboración de espantallos e buscarase entre o vocabulario de Espantallo amigo aquelas palabras menos coñecidas e o xeito que adoptan na zona.

O elenco desta proposta está formada por Tero Rodríguez e Lucho Penabade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.