A Audiencia Provincial de A Coruña prohibe a divulgación do vídeo da reconstrución da morte de Diana Quer

10 Setembro 2019

20190910. A sección sexta da Audiencia Provincial de A Coruña emitiu hoxe un auto no que acorda prohibir a divulgación total ou parcial a través dos medios de comunicación do vídeo da gravación da reconstrución de feitos practicada durante a investigación da morte de Diana Quer.

A Audiencia sinala que “a restrición da publicidade” desta dilixencia xustifícase para preservar a imparcialidade dos candidatos a xurado.

O maxistrado presidente do tribunal tomou esta decisión trala solicitude dos avogados da familia de Diana Quer de suspensión da emisión do vídeo que tiña previsto ‘El programa de Ana Rosa’ en Telecinco.

O auto insiste na “eventual, e non improbable, difusión segmentada e non íntegra da proba e a súa eventual e non improbable presentación nun entorno de comentarios, explicacións ou valoracións, expresas ou implícitas, que poden afectar negativamente ás condicións para o debido desenvolvemento da función atribuída legalmente aos xurados.”

Así, o maxistrado considera innecesario aclarar que partes do vídeo afectan á dignidade ou intimidade das vítimas. Respecto disto, o xuíz indica que a recreación física do suceso co emprego dun manequín “xustificaría unha restrición da súa publicidade masiva e indiscriminada para amparar os intereses das vítimas.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.