Volven a Teira-Corrubedo, o 17 de agosto, as festas de Cando lle Cadra

12 Agosto 2019

20190812 Volven as festas de Cando lle Cadra do lugar de Teira en Corrubedo, porque, como ben din os organizadores, volven cando lles cadra pero sempre regresan. Quen ande pola vila mariñeira estes días verá a rechamante e ben feitiña cartelería da festa repartida por tódalas rúas, recantos e paus da luz estratexicamente situados cantos hai: un cartel completo de actividades para xente de todas as idades e gustos e que serve para conmemorar e reivindicar outro xeito de facer celebracións (sen día fixo no calendario pero cunhas ganas de pasalo ben que, pola contra, si que resultan fixas e determinantes).

A XXIV Festa de Cando Lle Cadra celébrase este sábado 17 de agosto a partir das 20.00 horas, da man da veciñanza de Teira (Corrubedo) e da asociación Corrubedo XI Séculos de Historia (coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira e o Restaurante Valverde). Haberá vertente gastronómica (croquetas de cocido, bocatas de xamón asado e xerras de bebida: sangría, calimocho, viño, refrescos e cervexa), vertente lúdico-infantil (con inchables de balde para a rapazada) e vertente musical. Esta última comezará sobre as 21.00 horas cun concerto de música tradicional a cargo de Os Monifates, para seguir logo co grupo festeiro A Tajea. A sesión musical enfiará a recta final a partir das 23.30 horas, co show musical de Alberto, un vello coñecido da festa de Cando lle Cadra. A xolda rematará, como de costume, cunha gran queimada de confraternidade gratis.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...