Última oportunidade para navegar a ría de Arousa desde A Pobra

29 Agosto 2019
Cedida por Turismo A Pobra do Caramiñal

20190829. O verán comeza a chegar ao seu fin e, con el, algunhas das actividades propias do calendario desta estación. Así, hoxe rematan as viaxes en veleiro pola ría de Arousa desde A Pobra do Caramiñal, con saída ás 11.00, 13.00, 17.00 e 18.30 horas.

Trátase dunha cita guiada a grupos reducidos nunha embarcación de 12 metros de eslora, cun prezo de 12 euros por adulto e 8 euros cada cativo. Para participar é preciso reservar na Casa Mariñeira situada no parque do Castelo. As consultas referentes á dispoñibilidade pódense facer a través dos números de contacto 671090262 ou 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.