Toxo Telecom ofrecerá fibra de alta velocidade

30 Agosto 2019

20190830 Toxo Telecom, a empresa de comunicacións móbiles con sede en Ribeira, está a rematar a tempada alta do verán achegándonos detalles importantes sobre os seus vindeiros servizos e promocións: trátase dunha máis que relevante ampliación da súa liña de negocio cara a Internet de alta velocidade, un proceso do que xa advertiran na entrevista publicada este mesmo ano no xornal de novas tecnoloxías Código Cero. Segundo sinalan os responsábeis de Toxo no seu Facebook, a operadora está a preparar a distribución do servizo de fibra até o fogar (FTTH polas súas siglas en inglés), ou sexa, rede de alta velocidade para os domicilios dos seus clientes, amais de móbil 4G.

A fibra de Toxo Telecom, que xa ten imaxe propia (a caixa de cereais como alimento completo e máis que nutritivo) comercializarase en converxencia ou individualmente. Haberá paquetes de 100, 300 e 600 Mbps. En datas vindeiras informarase aos clientes presentes e potenciais de máis detalles e características destas ofertas, por exemplo das datas de lanzamento e dos prezos e das posibilidades de acceso que inclúe cada unha.

Toxo Telecom, para que non o saiba, é unha operadora galega posta en marcha en 2018 por tres emprendedores de Ribeira, centrada en ofrecer servizos de telefonía móbil, con tecnoloxía 4G en todo o territorio nacional. Recentemente a empresa avanzou a posibilidade de ofertar aos seus usuarios produtos de telefonía fixa e vender así unha solución converxente con catro servizos principais: TV, móbil, fixo e Internet, como ofrecen os grandes operadores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...