Toxo Telecom, a operadora de Ribeira, celebra agosto co dobre de GB nas súas tarifas

16 Agosto 2019

20190816 Toxo Telecom, a operadora de comunicacións móbiles con sede en Ribeira, está a celebrar o verán cos seus clientes, e faino dunha das mellores maneiras posíbeis: facendo agasallos aos seus usuarios. Desta volta, o agasallo consiste en duplicar os datos nas súas tarifas durante este mes de agosto.

Desta maneira, a tarifa Malo será (10,95 euros ao mes) pasa a ter 8 GB, a Centolo (17,95 euros) a cifra nada desprezábel de 20 GB, a Morriña (19,95 euros) subiría até os 50 GB e, por último, a modalidade Cuñado (24,95 euros), situaríase nos 60 GB. Todas teñen en común que inclúen chamadas ilimitadas e todas comparten o feito de ter o IVE incluído o seu prezo. A promoción estará operativa até o 31 de agosto.

Toxo Telecom, para que non o saiba, é unha operadora galega posta en marcha en 2018 por tres emprendedores procedentes de diversas profesións (un enxeñeiro en Telecomunicación, un administrativo e un deseñador). En Toxo Telecom ofrecen servizos de telefonía móbil, con tecnoloxía 4G en todo o territorio nacional. Recentemente a empresa barallaba a posibilidade de ofertar produtos de telefonía fixa e vender así unha solución converxente con catro servizos principais: TV, móbil, fixo e Internet, como ofrecen os grandes operadores.

Outros artigos

O Concello de Ribeira xa dispón do seu propio bastón

Entrega do bastón de mando (imaxes de José Manuel Martínez, Concello de Ribeira) Na maña do pasado 14 de xuño celebrouse a xunta de coordinación ordinaria no Concello de Ribeira, unha xuntanza que rematou dun xeito que tivo pouco de ordinario: coa estrea oficial, no...

+

Ribeira homenaxea este martes á actriz Susana Sampedro

Este martes 25 de xuño o Concello, a Corporación e a cidadanía de Ribeira van render homenaxe á actriz local Susana Sampedro (Ribeira, 1978), recentemente distinguida co Premio Mestre Mateo 2024 á mellor actriz de reparto na longametraxe Matria, de Álvaro Gago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La Confianza” – José Antonio Constenla

“La Confianza” – José Antonio Constenla

En la actualidad atravesando una crisis de confianza, con mil explicaciones, pero ninguna sencilla ni clara, que dificulta la comprensión del mundo en el que vivimos. Un efecto de estos es que los discursos no sintonizan con la realidad en la que estamos inmersos....