Seguen as mobilizacións contra a depuradora de mexillón de Castiñeiras

30 Agosto 2019

20190830. A veciñanza de Castiñeiras continúa loitando contra a instalación dunha depuradora de mexillón no porto desta parroquia ribeirense.

Os afectados manifestan que non se opoñen a este tipo de instalacións nin a calquera outro tipo de empresa na comarca, pois “fan falla postos de traballo”, pero consideran que “haberá que mirar o lugar máis idóneo para a ubicación da mesma.” O colectivo engade que, se vai adiante este proxecto, desaparecerá o areal que hai no lugar, coñecido como ‘praia das monxas’.

Tamén sinalan que continúan mantendo xuntanzas frecuentemente, así como recollendo firmas. De feito, indican que están preto das 1500.

Ademais, anuncian que están agardando “dende hai máis de 15 días ” para manter un encontro co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, e “expoñerlle a nosa preocupación. Seguimos agardando…” Así mesmo, teñen solicitada unha reunión con Portos de Galicia e “non imos parar até que se nos dean as explicacións e xustificacións oportunas  para a concesión desta licencia que atenta claramente contra o medioambente,  a nosa paisaxe i o sentír de todo o pobo de Castiñeiras” porque entenden que “é unha vulneración do noso benestar, do ben común e do patrimonio xeral, para o único beneficio dun particular.”

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...