Veciñanza de Castiñeiras manifestouse contra a depuradora de mexillón

19 Agosto 2019

20190819. Numerosa veciñanza da parroquia ribeirense de Castiñeiras concentrouse este sábado co obxectivo de expresar o seu rexeitamento ao proxecto de implantación dunha depuradora de mexillón no porto. Tal e como declararon os asistentes, “prexudicará á maioría da poboación de Castiñeiras, prexudicará ás nosas praias, prexudicará un banco marisqueiro.” Ademais, engadiron que supón a “destrución do entorno”, xa que sinalaron que se están rompendo as rochas do monte do Castro “para beneficio dun particular” e estase procedendo a un recheo invadindo litoral rochoso, deteriorando así a imaxe da paisaxe. Os presentes tamén indicaron que non viron o informe do impacto ambiental “que para esta zona debería ser ríxido e completo nas súas esixencias. Deteriorase o dominio público para beneficio privado.”

Esta mobilización vén dada tras unha reunión celebrada na Casa da Cultura desta localidade, onde era palpable o malestar veciñal tanto pola construción da citada instalación coma polo descoñecemento das súas características e magnitudes, así como a repercusión no funcionamento do peirao.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.